Este sitio web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.
Bio Galicia Summit
Do 2 ó 4 de marzo de 2022, descobre as últimas tendencias en biotecnoloxía aplicada á saúde e á agroalimentación no evento Bio Galicia Summit completamente en liña e gratuíto.
Trátase dun evento de carácter internacional que busca fomentar as relacións comerciais e o desenvolvemento de negocio, situando a BioIncubaTech e as súas empresas incubadas no marco do contexto biotecnolóxico internacional.
O evento está estruturado en tres actividades:
Ademais, presentaremos os resultados de BioIncubaTech, a incubadora de Alta Tecnoloxía para o fomento da innovación e transferencia de biotecnoloxía no ámbito da saúde e as tecnoloxías alimentarias, xestionada pola Universidade de Santiago de Compostela.
A quen vai dirixido Bio Galicia Summit?
BIOINVESTORSDAY
É unha lonxa de investimento que ten como obxectivo facilitar o aceso á captación de financiamento do sector privado para empresas biotecnolóxicas nos ámbitos da saúde e as tecnoloxías alimentarias que se atopan incubadas na incubadora de Alta Tecnoloxía BioincubaTech.
BIOINVESTORS enfócase como un punto de encontro entre empresas dos sectores biotecnolóxico e agroalimentario incubados en BioincubaTech e diversos membros da comunidade investidora, onde as empresas poderán dar a coñecer os seus proxectos para fomentar a creación de relacións estratéxicas entre ambos os sectores que dean lugar ao crecemento empresarial dos proxectos presentados.
Esta sesión privada en formato dixital celebrarase o 3 de marzo de 12:00 a 14:00 (CET).
Ademáis, existe a posibilidade de que os inversores interesados se poñan en contacto cos poñentes das startups participantes a través de reunións privadas B2B para coñecer mellor os seus proxectos.
Empresas incubadas en BioIncubaTech
Bio Galicia Summit é o evento en liña de biotecnoloxía aplicada ao sector da saúde e a agroalimentación. Trátase dunha iniciativa dentro do proxecto BioIncubaTech, incubadora de Alta Tecnoloxía para o fomento da innovación e transferencia de biotecnoloxía no ámbito da saúde e as tecnoloxías alimentarias, liderado pola área de Valorización, Transferencia e Emprendemento ( AVTE) da USC, xunto coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e UNINOVA, e está cofinanciado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación ( GAIN). Neste sentido, BioIncubaTech é unha das iniciativas que está incluída dentro da Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxía que a Xunta de Galicia puxo en marcha para o período 2021-2025.
Esta actuación está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional – FEDER dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España FEDER 2014-2020 PO Proxecto «Incubadoras de alta tecnoloxía para o fomento da innovación e a transferencia da tecnoloxía ás micropemes Fundación INCYDE».
Cofinanciado polo FEDER nun 80%
UNHA MANEIRA DE FACER EUROPA